Thursday 09 de May de 2024

O Concello de Noia comeza a instalación de cámaras de seguridade no aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone


O Concello de Noia iniciou hoxe os traballos de instalación de cámaras de seguridade no aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone, que estarán rematados o vindeiro sábado 24 de marzo. As obras desenvolveranse durante eses catro días, de 9:00 a 20:00 horas, polo que o Concello xa puxo en coñecemento dos usuarios e usuarias do aparcadoiro a necesidade de evitar aparcar nese horario, concretamente nas prazas 1 a 39.

Con esta actuación, o Concello de Noia dá cumprimento ao compromiso adquirido o pasado mes de xaneiro polo alcalde da vila, Santiago Freire, despois de que varios vehículos estacionados no aparcadoiro da rúa Xuíz Falcone aparecesen coas fiestras rotas. Daquela, Santiago Freire anunciara que se habilitaría unha partida para a colocación destas videocámaras de vixilancia que se espera teñan un efecto disuasorio á hora de evitar que se volvan producir sucesos semellantes.